🔒 Privacidade

a web de MeteoRide

Galego

MeteoRide non recompila os teus datos nin os explota. Sen conta, sen rexistro, sen publicidade, sen analítica, sen telemetría, sen informes de fallos, sen identificadores de seguimento.

Esta política cobre unicamente a web, app.meteoride.cc aberta nun navegador. As apps instalables teñen a súa propia e son máis pechadas ca esta: iOS e Android. Nada do que aquí se describe como exclusivo da web ocorre nelas.

Última actualización: 19 de setembro de 2026.

Para darche a previsión

DestinoQue recibeCando
Open-Meteo (incluído AROME-HD) As coordenadas dos puntos da túa ruta e as datas e horas da previsión, ademais da túa IP e os datos normais dunha petición web. Cada vez que se calcula ou se recalcula unha previsión.
OpenWeather As coordenadas dos puntos —non a data e hora escollidas— e a túa clave de API, que te identifica ante eles como cliente seu. Se escolles OpenWeather, e tamén se activas os avisos oficiais cunha clave gardada, sexa cal sexa o provedor escollido.
OpenStreetMap A túa IP e que zona do mapa estás a mirar. Ao amosar o mapa. Pídese primeiro á rede; a caché serve cando unha petición falla ou non hai conexión.

Open-Meteo declara que os seus rexistros poden conter coordenadas e que os borra aos 90 días.

E o que só fai a web

Isto é o que separa a web das apps. As apps non fan nada do seguinte, e non é un descoido: a compilación que xera o paquete instalable impídeo e falla se alguén o volve meter.

O aloxamento é Cloudflare Pages, que rexistra as peticións a calquera sitio que serve, como fai calquera aloxamento.

Que se garda no teu navegador

Os teus axustes, as rutas recentes, a ruta preparada para usar sen cobertura, a caché de previsións e de mapas, e a túa clave de OpenWeather se pos unha —sen cifrar, así que usa unha clave que non uses para nada máis, ou Open-Meteo, que non precisa ningunha—. Todo en localStorage e IndexedDB, só no teu navegador.

Para borralo: borra os datos do sitio app.meteoride.cc no teu navegador. A clave soa bórrase desde o seu campo nos axustes.

Contacto e cambios

Dúbidas sobre privacidade, ou para exercer os teus dereitos de acceso, rectificación e supresión: privacy@meteoride.cc. Para fallos e suxestións, mellor en github.com/lockevod/MeteoRide/issues.

Se esta política cambia, cambia con ela a data de arriba e o historial queda no repositorio.